Política de privacidad

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

LIBRE.GAL
NIF: G70128194
Enderezo: Praza de Europa, 10A, Planta 5. Edificio Área Central. 15707 Santiago de Compostela
Contacto: info@libre.gal

FINALIDADE DO TRATAMENTO

  • Responder ás consultas e solicitudes enviadas a través do formulario de contacto.
  • Xestionar a participación de persoas voluntarias ou colaboradoras no proxecto Libre.gal.
  • Enviar información sobre actividades da Asociación, unicamente cando exista consentimento previo.

BASE XURÍDICA (LEXITIMACIÓN)

O tratamento baséase no consentimento da persoa interesada (artigo 6.1.a do RGPD), outorgado ao cumprimentar o formulario de contacto ou solicitar información. O consentimento pode ser retirado en calquera momento sen que iso afecte á licitude do tratamento previo.

PRAZO DE CONSERVACIÓN

Os datos conservaranse mentres sexa necesario para atender a consulta realizada e, en todo caso, ata que a persoa interesada solicite a súa supresión ou revogue o consentimento outorgado.

DESTINATARIOS

Non se ceden datos a terceiros, agás obriga legal (Administracións Públicas competentes, Forzas e Corpos de Seguridade). Non se realizan transferencias internacionais de datos.

DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en LIBRE.GAL estamos a tratar datos persoais que lle concirnan, e en particular ten dereito a:

  • Acceder aos seus datos persoais
  • Solicitar a rectificación dos datos inexactos
  • Solicitar a súa supresión
  • Solicitar a limitación do tratamento
  • Opoñerse ao tratamento
  • Solicitar a portabilidade dos datos

Estes dereitos pódense exercer de xeito gratuíto, agás solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, escribindo a info@libre.gal. O prazo de resposta é dun mes, prorrogable dous meses adicionais en función da complexidade da solicitude.

Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

LIBRE.GAL adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

FERRAMENTAS DE TERCEIROS

Este sitio web non utiliza Google Analytics nin ningunha outra ferramenta de analítica ou publicidade de terceiros que realice seguimento das persoas usuarias.

MODIFICACIÓNS

LIBRE.GAL resérvase o dereito a modificar a presente política de privacidade para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais. Notificarase calquera cambio substancial.

Última actualización: agosto de 2026.